Archive for Septiembre, 2008
El Grupo de los Verdes en el Parlamento Europeo lanza un SOS por la libertad en Internet
Septiembre 2, 2008, Posted by Guille at 15:58
Read More
Gerardo Crespo entregará este miércoles a José Nogueira un escrito con las reivindicaciones de los afectados por la puesta en marcha del carril-bus
Septiembre 2, 2008, Posted by Administrador at 4:18
Read More
O Val das Almas (I)
Septiembre 1, 2008, Posted by Contos do País do Solpor at 11:21
Sí, amiguiños e amiguiñas, xa estamos de novo aquí.
O meu Pentium 100 sigue tirando como un auténtico “Vintage” da informática ,e non o vas creer, pero ó final tiven que argallarme eu para quitar a mancha do fregadeiro… que país máis pouco formal,tu.
Boeno, agora deixote co primeiro capítulo de: “O Val das Almas”
Ainda que xa tiña ido a algunha concentración moteira desas grandes, todo o mundo me recomendaba ir á do Algarve. Sí, oh, a que se celebra no medio do verán no Val das Almas (Faro).
E para aló me encamiñei.
Como queira que o Algarve xa o teño coñecido do dereito e do revés, e dado que a viaxe ía ser enlatado por problemas mecánicos que me están facendo cada vez máis devoto de Nosa Sra. de Volusia, decidín facer a viaxe en etapas.
A primeira parada sería en Lisboa para ir cear á Adega de San Roque no Barrio Alto. É un sitio que ainda non probei e esta é unha boa ocasión. (Certamente recomendable)
Ó día seguinte saín cediño para aproveitar as baixas temperaturas da mañá (só 29ºC) e apretar a correr cara abaixo ca cabeciña posta na praia de Olhos da Auga onde me ía aloxar.
Cheguei medio cocido , a eso da hora do xantar e contactei cos outros membros do motoclube que xa estaban cas tendas montadas nunha das catro xigantescas áreas de acampada do Val.
Amiguiño, e eu que pensaba que o dos Pingüinos no inverno era grande… Aquí atopabas catro áreas perfectamente delimitadas e equipada con servicios, duchas e pequenos chiringuitos onde mercar comida e/ou bebida; así como varias zonas de merchandasing, taller e pezas de motos. Total, que podías traer a moto noviña e totalmente personalizada á volta para a casa.
Ademáis de toda esa enorme área con zonas peatonais, había un enorme escenario con doce (sí, leeches ben) pantallas xigantes nas que se emitía sinal de TV dos eventos que ó longo dos tres días da concentración tiñan lugar. E acarón dese escenario unha enorme carpa (según dicían os futboleiros ocupaba o que un campo de fútbol) con banquiños e mesas para facer a túa merendiña.
Pero , non vos vaiades ainda, un pouco màis aló, había unha exposición de motos antigas propiedade do Motoclube de Faro e de coleccións privadas; e outra exposición coas motos que ían participar no concurso de customización. Concurso este, por certo , que gañou unha rapaza escocesa con tres magníficas mostras de transformación de motos de rúa en auténticas obras de arte.
Para manexar todo esto, a organización contaba con mil quinientos voluntarios/as e coa colaboración da GNR, que (igualiño que no noso país) colaboraba activamente axilizando o paso dos inscritos e evitando algunha que outra tolería dos que querían queimar roda e armar bronca. Eso sí, sempre con exquisita diplomacia, e tendo en conta a enorme fonte de ingresos que esta concentración supón para a zona. Eso inclue (igualiño que aquí) nengún radar , nengún control de alcoholemia, e prioridade para as motos; tanto na baixada como na subida.
Ah, e que non se me esqueza unha cousa importantísima que puiden observar tanto en autopista como en estradas secundarias como a que une o Val das Almas con Olhos da Auga: Todas as zonas perigosas, todas, contan con gardarrais de doble barreira con zona de absorción de impactos, para previr os accidentes dos motoristas.
Non é que o estén estudando,non… E que xa están instalados!!! Igualiño que aquí.
(To be continued)