Como queira que o encerro neste cárcere clínica podía prolongarse e o aburrimento xa empezaba a facer mella , decidín chamar a Carliños para darlle as chaves da miña casa e que fose por alí para pillar o meu portátil e así poder conectarme dende o cuarto.
Mira que lle advertín que tivera coidado coa timba que as cucarachas que teño ocupando a miña cociña, montaron alí.
Pois nada tu, acabou palmando trescentos cinco euros ó poker. Eu xa lle dixen que non se deixara impresionar polo ambente e pola apariencia de pringadas que tiñan as subsoditas. Todo era un puto truco de tahuras (ou tahures femia , como carallo se diga) para que te confiaras , e despois asestarche o golpe. Eu ,coas coñas, xa levo perdido caseque seis mil euros entre pitos e frautas.
Ben, cando Carliños voltou ó día seguinte ó meu cuarto co meu portátil, viña bufando contra as zorrupias da timba que había na miña cociña.
Eu ,non puiden por menos que escarallarme , por non chorar pensando nos cartiños que xa me tiñan levantado a min; e a continuación, antes de que él se fora , conectei o portátil par ver se localizaba algunha wifi aberta da cal gorronear e así poder voltar a estar on line.
Nada. Coa axuda de Carliños movimos o portátil polo cuarto e achegámolo á fiestre en busca de algunha raiña de sinal… pero nada.
Como xa se ía facendo tarde, dixenlle que marchara , non fora a ser que ainda tivera bronca ó chegar á casa coa súa dona.
Total, ó mellor ,dada a hora que era tiñan desconectada a wifi do hospital e non tíñamos acceso a nengunha das dos chalés circundantes.
Ó día seguinte, púxenme, desde que ben cediño me ergueron as da limpeza , a buscar con frenesí algunha rede á cal poder conectarme para , polo menos, poder coller o correo e contarche algo da miña penosa e clínica situación.
Queres creer que nun hospital como este , con vistas á ría , con quirófanos de última xeración e co protocolo ISO9000 non había nen unha misera rede que levarse á antena!!!
Cando a eso de media mañá chegou a miña enfermeira preferida (Mmmm!, suspiro) Cristiniña, pregunteille se sabía algo de algunha rede wifi á cal conectarme dende o cuarto, ou se o hospital dispoñía de algunha rede aberta.
Maldita a hora! Pola cara que puxo cando lle preguntei ,deseguida me decatei de que a doce e moi rica Cristiniña , non sabía nin de que lle estaba falando, nen lle importaba o máis mínimo.
Nese momento notei como os nosos camiños se separaban inexorablemente; non só porque a fenda dixital se abría profunda entre nos, se non tamén porque Cristiniña pasaba olímpicamente de min e dos meus obvios encantos.
Por sorte, o meu peche clínico finalizou ó día seguinte cediño e mandaronme para a casa , cunha dor de moito nabo; mais, eso sí: on line.
Agora a perna segue dando a lata canto quere. En parte supoño que debido a que só fun quen de estar dúas semáns en reposo (independientemente de que o médico me mandou un mes como mínimo). Pero, sabes? Ás dúas semáns xa che me saía o puñetero repouso ata polas orellas; e a perna melloraría, pero o meu nivel de histerismo aumentaba en progresión xeométrica.