Esta é unha historia tan persoal, tan persoal, que fala de min mesmo. Tan íntima, tan íntima, que fala do meu interior. Se és dos que se pon malo cando ve a bata dun médico mellor non sigas lendo, mais se és dos que poñen a orella cando a veciña de abaixo conta a súa operación de aumento de peito, parabéns, esta igual será unha desas historias que tanto desfrutas.
Hai xa anos que sei que son un enfermo crónico. Cando digo isto poderedes pensar que Stephen Hawkins é un enfermo crónico ou que vivo pendente de facer diálise. Non. Son mais ben do tipo de enfermo crónico que ten unha alerxia ou algo dese estilo. Cun mínimo (moi mínimo) tratamento mensual non teño que me preocupar de mais.
O que teño disque é unha enfermedade autoinmune, e normalmente asócianse varias. Cando tes unha igual tes mais. E xa contara hai un par de anos que teño vitiligo. Por certo, Vitorio Giardino tamén ten vitiligo. El teno moito mais espallado ca min nas mans e este verán mentras estaba debuxandome algo comenteille que se o vitiligo era o seu segredo para debuxar ben eu tamén podería debuxar igual. El respostoume rindo que eu ainda tiña mans de aprendiz, que as súas eran xa de mestre.
Este verán voltei ao médico con outros síntomas. Novos, en principio para min non tiñan relación directa cas vellas enfermidades. Pedíume uns análises e unha proba. Tardei un mes en recoller os análises porque a cita co médico ainda tardaba. Cando viron o resultado da análise de sangue os médicos que hai na familia puxéronse nerviosos. E logo falaron co meu médico, que pedíu un TAC a maiores. Ademais polo camiño xa engadiran outra proba mais á primeira que me pedira o doutor, coa idea de descubrir a causa da enfermidade que vos contaba que padezo. Era o que facía falla este mes, despois do cambio laboral, ter que preocuparse pola saúde. Todo istoque vos conto pasou en catro ou cinco días.
Chegados a este punto, ainda que foi unha semana de bastante tensión na casa, vou rachar o climax para que ninguén se preocupe porque semella que non teño nada grave. E por grave quero dicir que non atoparon un tumor, que era o que querían descartar. Ainda que non dixeran nada, eu noteinos moi nerviosos e xa tiña a sensación de que andaban detrás diso. Porén non me preocupei moito, porque tiña a sensación, ou quería pensar, que non tiña nada fatal.
O problema que teño é dixestivo, e cando pensan que anda algo mal por aí, o que fan normalmente e meter un tubo para ver o que pasa. Se o meten por arriba é unha gastroscopia e se o meten por abaixo unha colonoscopia. Amabalasdúas probas poden facerse con sedación ou sen ela, e ademais de ser mais caro ter o anestesista para sedarte, fai que aumente o período que tes que agardar pola proba. Eu, como ao principio non tiña moita presa preferín agardar até este venres.
E por iso agora non teño moito que contar. O pior foi a preparación, o día anterior facendo purga, porque da proba non sei nada. Cheguei aló todo nervioso e así que me meteron no quirofano non lembro nada. Espertei xa fora. Cando vos chegue o momento de que teñan que metervos un tubo, pedide que vos seden se é posible. E non pensedes que é algo estraño, disque é un procedemento moi espallado coma medicina preventiva co paso dos anos, igual que as mamografías así que igual tedes que vervos nas mesmas. Ollade para acó…

Vale, ese é para a gastroscopia, o da colonoscopia (que é o procedemento que lle tocará a moitos) é este tubo mais fino

Daquela se queredes contalo teredes dúas opcións, falar duns procedementos física e mentalmente incómodos ou do simpático que era o anestesista. Agora comprenderedes o título do post.
Mais nada, se isto non é exhibicionismo… XD